Barrosa

Barrosa tiña medo de sentar no WC porque pensaba que podía caer dentro del e desaparecer para sempre. A nai, profesora de astrofísica, tentaba tranquilizala explicándolle que iso era imposible porque era demasiado grande para pasar por un lugar tan estreito.

Logo de moitos meses de insistencia por parte da nai acabou por perder o medo. Tanto se confiou que deixou de tomar precaucións cando se sentaba nel. O día que máis despistada estaba foi engulida e transportada ata o máis profundo lugar da nosa civilización. Perdida e sen esperanza acabou por adaptarse á vida nos sumidoiros.

Alí, para poder sobrevivir, tivo que aliarse con criaturas doutro mundo. Pequenas bestas que se alimentaban dos desperdicios que xeraba o ser humano. Para sobrevivir aprendeu a súa linguaxe e imitou os seus costumes.

Co paso do tempo foi sendo cada vez máis impotrante na manada, e aos dezanove anos pasou a ser a líder. Isto convertíaa na responsable de conseguir alimento para os bechos que poboaban o seu reino sucio, putrefacto e fedorento. Chegou á conclusión de debería mellorar a alimentación dos seus súbditos, escollendo para iso un dos alimentos máis nutritivos que existen: carne humana.

Para cazar saía á superficie. Nela seducía homes heterosexuais de idade media alta que non podían resistirse á visión do corpo dunha moza espida. Cun aceno pedíalles que a seguisen para o interior da terra, e unha vez alí, o procedemento era sempre o mesmo: Obrigábaos a facerlle sexo oral, e no momento que chegaba ao orgasmo apertaba as pernas con forza ata quebrar os seus cranios. Finalmente deixábaos no chan, para que os seus seres salvaxes os devorasen en cuestións de segundos.

Advertisements
Barrosa

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s