Alopecia

As mans hai que lavalas ben antes de foder. Especialmente se as tes cheas de terra. E non o tomedes a broma porque poden acontecer desgrazas. Dígovolo eu, que estou neste mundo por causa dunha neglixencia hixiénica.

Un día calquera de hai dezasete anos, logo de pasar a tarde a traballar na leira, o meu pai fíxolle sexo oral á miña nai. Mentres lle lambía o clítoris meteu dous dedos na súa vaxina para aumentar o pracer. Resultou que nunha das uñas tiña unha semente dunha flor, que foi avanzando ata fecundar un óvulo.

E nacín eu, unha moza que é calva durante a meirande parte do ano, mais cando chega a primavera é a envexa de toda a aldea cos seus petalos amarelos.

Porén, co tempo, como a semente que me deu a vida era de dente de león, o amarelo convertese sempre en branco. E nun par de días, por efecto do vento e da graza que lle fai á xente soprarme na cabeza, fico calva de novo.

Alopecia